Termos e Condicións

1. Propiedade do sitio

Este sitio é propiedade de Vizuals Lab S.L., Travesía de Pastoriza 78, 1ºA, Arteixo (A Coruña), B70463278 (en diante, Vizuals).

2. Obxecto e ámbito de aplicación

Os presentes termos e condicións de uso teñen como obxecto regular a posta a disposición da información subministrada no sitio, así como de calquera transacción comercial que poida xurdir entre Vizuals e os usuarios do dominio www.vizuals.net. A navegación polo website, o rexistro, o logueado e a adquisición de calquera dos produtos ofrecidos nel supoñen a aceptación como usuario, sen reservas de ningunha clase, de todas e cada unha das presentes condicións. Vizuals resérvase o dereito a modificar as condicións de uso en calquera momento. Se continúas utilizando o sitio tras a publicación dalgún cambio, entenderase que o aceptas.

3. Contido

Os dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre os produtos e elementos de identidade corporativa, incluíndo textos, imaxes, vídeos ou animacións directamente relacionados coa empresa, pertencen a Vizuals (excepto nos casos nos que se indique expresamente outro titular). Os contidos da páxina poden contemplar erros tipográficos e as características dos servizos e produtos presentados poden diferir da realidade. Os prezos dos produtos e servizos (de existiren) exprésanse en euros e inclúen o IVE, salvo indicación en contra. De producirse calquera tipo de erro nos mesmos, os clientes afectados serán debidamente informados. Todos os datos e elementos incluídos no sitio están suxeitos a cambios sen preaviso, incluíndo, pero non limitándose a, engadido e eliminación de servizos e proxectos, alteracións nas descricións e imaxes, etc.

Prohíbese a copia, reprodución, publicación, tradución, transmisión e distribución do contido deste website con fines comerciais, en calquera medio, sen consentimento previo e por escrito de Vizuals.

4. Exención de responsabilidades

Uso do sitio

Vizuals non se fai responsable dos danos e prexuízos, directos ou indirectos, derivados do uso deste sitio web, incluíndo danos a sistemas informáticos e a introdución de virus. Queda prohibida a utilización de calquera método ou sistema que intente obter materiais, documentos ou información non dispoñible a través da versión pública do sitio. Así mesmo, non está permitido acceder sen autorización a ningunha parte ou servizo da web mediante medios ilexítimos (extracción de contrasinais, pirateo, etc.) nin efectuar rastrexos ou buscas de clientes, visitantes do website ou outros usuarios de Vizuals.

Vizuals non se responsabiliza da posible utilización incorrecta deste sitio web por parte dos usuarios e resérvase o dereito a exercer as accións legais oportunas, para resarcirse dos danos ou prexuízos causados como consecuencia do emprego ilegal ou desapropiado do mesmo. Ademais, poderá denegar o acceso, discrecionalmente e en calquera momento, á totalidade ou parte da web.

Vizuals non se fai responsable da información e contidos almacenados, a título enunciativo pero non limitativo, en foros, chats, xeradores de bitácoras, comentarios, redes sociais ou calquera outro medio que permita a terceiros publicar contidos de forma independente na páxina web de Vizuals. Sen embargo, en cumprimento do disposto  nos artigos 11 e 16 da LSSICE, ponse a disposición de todos os usuarios, autoridades e forzas de seguridade, colaborando de forma activa na retirada ou, no seu caso, bloqueo de todos aqueles contidos que poidan afectar ou contravir a lexislación nacional ou internacional, os dereitos de terceiros ou a moral e a orde pública. En caso de que consideres que neste sitio web existe algún contido que poida ser susceptible desta clasificación, por favor, agradeceríamos que nolo notificases de forma inmediata.

Vizuals non será responsable das infraccións de calquera usuario que afecten aos dereitos doutro usuario da web ou de terceiros, incluíndo os dereitos de copyright, marcas, patentes, información confidencial e calquera outro dereito de propiedade intelectual ou industrial

Vizuals non garante que o seu website se atope operativo en todo momento e resérvase o dereito, exclusivo e unilateral, a modificar, suspender ou poñer fin ao funcionamento ou acceso a parte ou a totalidade do mesmo polo motivo que fose. Para acceder á información contida no sitio web e facer uso dos servizos ofrecidos, os menores de idade deben obter previamente permiso de seus pais, titores ou representantes legais.

Como usuario aceptas non demandar nin reclamar perdas, gastos ou responsabilidades (incluíndo honorarios de avogados) a Vizuals, nin no teu nome nin no de terceiros, a causa do teu uso do sitio.

Contas, contrasinais e seguridade

Para o acceso a determinados servizos ofrecidos a través so sitio web, pode ser necesaria a creación dunha conta. O usuario é responsable de manter a confidencialidade da información da mesma, incluíndo o contrasinal, así como de todas e cada unha das actividades que nela sucedan, asumindo, polo tanto, cantos danos e consecuencias se deriven do quebrantamento ou revelación do secreto. Non está permitido utilizar en ningún caso a conta e/ou contrasinal doutra persoa sen os seu consentimento expreso. A maiores, o usuario comprométese a notificar a Vizuals de maneira inmediata calquera acceso non autorizado á súa conta. Vizuals non será responsable das perdas e danos provocados a causa do incumprimento das obrigas estipuladas.

Como usuario, aceptas ademais que Vizuals pode, segundo o seu criterio e sen previo aviso, inhabilitar a túa conta por calquera causa, incluíndo (sen limitarse a) resolucións xudiciais, solicitudes voluntarias, baixa ou supresión do sitio, incumprimento das condicións de uso ou problemas técnicos.

Cookies

Este sitio web pode utilizar cookies técnicas (pequenos arquivos de información que o servidor envía ao ordenador de quen accede á páxina) para levar a cabo determinadas funcións que son consideradas imprescindibles para o correcto funcionamento e visualización do sitio. As cookies utilizadas teñen, en todo caso, carácter temporal, coa única finalidade de facer máis eficaz a navegación, e desaparecen cando finalizas a sesión. En ningún caso estas cookies proporcionan por si mesmas datos de carácter persoal e non se utilizarán para a recollida dos mesmos.

Mediante o uso de cookies tamén é posible que o servidor onde se atopa a web recoñeza o navegador que utilizas, coa finalidade de que a navegación sexa máis sinxela, permitindo, por exemplo, o acceso dos usuarios rexistrados previamente ás áreas, servizos, promocións ou concursos reservados exclusivamente para eles, sen ter que rexistrarse en cada visita. Tamén se poden utilizar para medir a audiencia, parámetros de tráfico, controlar o progreso e número de entradas, etc, sendo nestes casos cookies prescindibles tecnicamente pero beneficiosas para o usuario. Este sitio web non instalará cookies prescindibles sen o teu consentimento previo.

Como usuario, tes a posibilidade de configurar o teu navegador para ser alertado da recepción de cookies e para impedir a súa instalación no teu equipo. Por favor, consulta as instrucións do teu navegador. Para máis información ao respecto, revisa a nosa política de cookies.

Enlaces

Desde o sitio web, é posible que existan redireccións a contidos de terceiros. Dado que Vizuals non pode controlar sempre a información introducida polos terceiros nos seus respectivos websites, tampouco asume responsabilidade algunha respecto eses datos. En todo caso, procederá á retirada inmediata de calquera contido que puidera contravir a lexislación nacional ou internacional, a moral e a orde pública, levando a cabo a retirada inmediata da redirección ao mencionado sitio web e poñendo en coñecemento das autoridades competentes o contido en cuestión.

Direccións IP

Os servidores do sitio web poderían detectar de maneira automática a dirección IP (un número asignado automaticamente a un ordenador cando este se conecta a Internet) e o nome de dominio utilizados polo usuario. Neste caso, toda esta información será rexistrada nun ficheiro de actividade do servidor, debidamente inscrito, que permitirá o posterior procesamento dos datos coa fin de obter medicións (unicamente estatísticas) para coñecer o número de impresións de páxinas, o número de visitas realizadas aos servidores web, a orde de visitas, o punto de acceso, etc.

5. Datos de carácter persoal

En cumprimento da Lei 15/99 LOPD e do Regulamento (UE) 2016/679 de 27 de abril de 2016 (RGPD), os datos persoais e demais información facilitada polos usuarios serán incluídos e conservados nun ficheiro para o seu tratamento, propiedade de Vizuals, mentres non se solicite a súa cancelación. Este tratamento destinarase ao desenvolvemento e execución da venda, a atención personalizada dos produtos e servizos adquiridos e a súa mellora, así como á promoción de produtos e servizos de Vizuals por calquera medio. Salvo que se indique especificamente o contrario, considérase necesario completar todos os datos requiridos nos formularios que atoparás neste sitio web. En caso de non subministrar a totalidade da información estimada imprescindible, Vizuals resérvase o dereito a paralizar ou denegar o cursado de calquera solicitude ou pedido.

Os usuarios rexistrados poden exercer en calquera momento os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión de datos, portabilidade de datos, limitación ou oposición ao seu tratamento, transparencia e dereito a non ser obxecto de decisións automatizadas, nos termos establecidos pola normativa vixente, mediante correo electrónico dirixido a hola@vizuals.net. Ao utilizar este website, comprendes e aceptas que as transferencias por Internet nunca son de todo privadas ou seguras. Así mesmo, recoñeces que calquera mensaxe ou información que envíes ao sitio podería ser lido ou interceptado por terceiros, pese a que apareza un aviso especial de que unha operación en concreto está encriptada (por exemplo, a información dunha tarxeta de crédito).

Para máis información ao respecto, revisa a nosa política de privacidade.

6. Lexislación aplicable e foro

As presentes condicións xerais réxense pola lexislación española. Calquera controversia xurdida da interpretación ou execución que puidera emerxer en relación coa validez, interpretación, cumprimento ou resolución do presente contrato someterase á xurisdición e competencia dos Xulgados e Tribunais de A Coruña, con renuncia ao foro que puidera corresponder ao usuario, sempre que a lexislación aplicable así o permita.