Política de Privacidade

1. Información ao usuario

Vizuals lab S.L. (en diante, Vizuals), NIF B70463278, con domicilio social en Travesía de Pastoriza 78, 1ºA, Arteixo (A Coruña), é a responsable do tratamento dos datos persoais dos usuarios e infórmate de que serán tratados de conformidade co disposto nas normativas vixentes en protección de datos persoais, o Regulamento (UE) 2016/679 de 27 de abril de 2016 (GDPR) relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e a libre circulación destes datos, polo que se facilita a seguinte información.

Fin do tratamento

Manter unha relación comercial contigo (o usuario). As operacións previstas para realizar o tratamento son:

  • Remisión de comunicacións comerciais publicitarias, previamente autorizadas, por email, fax, SMS, MMS, comunidades sociais ou calquera outro medio electrónico ou físico, presente ou futuro, que posibilite a súa realización. Estas comunicacións estarán relacionadas cos seus produtos e servizos, ou cos de colaboradores ou provedores cos que alcanzase algún acordo de promoción. Neste caso, os terceiros nunca terán acceso aos datos persoais.
  • Realizar estudos estatísticos.
  • Xestionar e tramitar pedidos, encargos, solicitudes ou calquera tipo de petición que realices a través de calquera das formas de contacto que poñemos á túa disposición.
  • Remitir o boletín de noticias da páxina web.

Elaboración de perfís

Vizuals tamén poderá elaborar, con consentimento previo, perfís baseados nun tratamento automatizado, destinado a avaliar os aspecto persoais que facilites, coa fin de realizar unha análise do teu perfil.

Consecuencias previstas

O tratamento dos datos non prevé consecuencias de poidan ter efectos xurídicos ou dalgún outro modo que te afecten significativamente.

Lóxica empregada

Para realizar o tratamento dos datos úsase un procedemento automatizado, no que se filtran todos os campos coa fin de obter un resultado que se axuste ao teu perfil.

Conservación dos datos

Os teus datos serán conservados o tempo mínimo necesario para a correcta prestación do servizo ofrecido, así como para atender as responsabilidades que se puideran derivar do mesmo e de calquera outra esixencia legal.

Lexitimación para o tratamento dos teus datos

O tratamento dos teus datos realízase coas seguintes bases xurídicas que o lexitiman:

  • A solicitude de información e/ou a contratación dos servizos de Vizuals, cuxos termos e condicións poranse á túa disposición en todo caso, de forma previa a unha eventual contratación.
  • O consentimento libre, específico, informado e inequívoco, en tanto que poñemos á túa disposición a presente política de privacidade, que tras a lectura da mesma e en caso de estar conforme, podes aceptar mediante unha declaración ou unha clara acción afirmativa, como o marcado dun cadro disposta ao efecto.

Comunicación dos datos

Vizuals poderá ceder os teus datos, para as finalidades arriba descritas, a outras entidades ou terceiros colaboradores.

Dereitos que te asisten como usuario

Os dereitos de protección de datos dos que es titular como usuario son:

  • Dereito a solicitar o acceso aos teus datos persoais.
  • Dereito de rectificación e supresión.
  • Dereito de oposición.
  • Dereito a solicitar a limitación do seu tratamento.
  • Dereito á portabilidade dos datos.

Como titular dos datos persoais obtidos, poderás exercer os teus dereitos de protección de datos persoais dirixindo unha comunicación por escrito ao domicilio social de Vizuals ou ao enderezo electrónico hola@vizuals.net, incluíndo nos dous casos fotocopia do teu DNI ou outro documento de identificación equivalente.

Poderás atopar modelos, formularios e máis información dispoñible sobre os teus dereitos na páxina web da autoridade de control nacional, Axencia Española de Protección de Datos (en diante, AEPD) www.agpd.es.

2. Carácter obrigatorio ou facultativo da información facilitada polo usuario

Como usuario, mediante a marcación dos cadros correspondentes e a introdución de datos nos campos dos formularios incluídos no sitio web e identificados cun asterisco (*), aceptas, expresamente e de forma libre e inequívoca, que os teus datos son necesarios para atender as túas peticións por parte do prestador, sendo voluntaria a inclusión de información nos campos restantes.

Todos os datos obrigatorios solicitados a través do sitio web son necesarios para prestarte un servizo óptimo. En caso de que non sexan facilitados na súa totalidade, non se garante que a información e servizos proporcionados se axusten completamente ás túas necesidades. Como usuario, garantes que os datos persoais facilitados a Vizuals son veraces e faste responsable de comunicar calquera modificación dos mesmos.

3. Medidas de seguridade

De conformidade co disposto nas normativas vixentes en protección de datos persoais, Vizuals está cumprindo con todas as disposicións das normativas RGPD para o tratamento dos datos persoais da súa responsabilidade, e manifestamente cos principios descritos no artigo 5 do RGPD, polos cales son tratados de maneira lícita, leal e transparente en relación co interesado e adecuados, pertinentes e limitados ao necesario en relación cos fins para os que son tratados.

Vizuals adoptou as medidas de índole técnica e organizativa necesarias para garantir a seguridade dos datos persoais subministrados. Todo isto para evitar a súa alteración, perda e/ou tratamentos ou accesos non autorizados, tal como esixe a normativa, se ben a seguridade absoluta non existe.

4. Lei aplicable e xurisdición

Para a resolución de calquera controversia ou cuestión relacionada co presente sitio web ou coas actividades nel desenvolvidas, será de aplicación a lexislación española, á que se someten expresamente as partes, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co seu uso os Xulgados e Tribunais de A Coruña.