Política de Cookies

Debido á entrada en vigor da modificación da “Lei de Servizos da Sociedade da Información” (LSSICE) establecida polo Real Decreto 13/2012, é de obrigación obter o consentimento expreso do usuario de todas as páxinas web que usan cookies prescindibles, antes de que este navegue por elas. Ao entrar na web de Vizuals Lab S.L. (en diante, Vizuals), fuches informado sobre a utilización de cookies a través dun aviso ou alerta. Se accediches e continúas navegando, estás aceptando a instalación das mencionadas cookies.

1. Que son as cookies?

Unha cookie é un pequeno ficheiro de texto que se almacena no teu navegador cando visitas practicamente calquera sitio web. A súa utilidade pasa porque a web sexa quen de recordar a túa visita cando volvas navegar por esa páxina. Soen almacenar información de carácter técnico, preferencias persoais, personalización de contidos, estatísticas de uso, enlaces a redes sociais, acceso a contas de usuario, etc. co obxectivo de adaptar o contido da web ao teu perfil e necesidades. Sen cookies os servizos ofrecidos por calquera páxina veríanse minguados notablemente.

2. Que tipos de cookies existen?

As cookies, en función da súa permanencia, poden dividirse en:

  • Cookies de sesión: Expiran cando o usuario pecha o navegador.
  • Cookies persistentes: Expiran en función de cando se cumpra o obxectivo para o que serven (por exemplo, para que o usuario se manteña identificado nos servizos do sitio web) ou ben cando se borran manualmente.

Adicionalmente, en función do seu obxectivo, as cookies poden clasificarse da seguinte maneira:

  • Cookies de rendemento: Recordan as túas preferencias para as ferramentas que se atopan nos servizos, polo que non tes que configuralos de novo en cada visita. A modo de exemplo, nesta tipoloxía inclúense os axustes de volume de reprodutores de vídeo e son, así como as velocidades de transmisión de vídeo que sexan compatibles co teu navegador.
  • Cookies de xeo-localización: Utilízanse para saber en que país te atopas cando solicitas un servizo. Son totalmente anónimas e só se empregan para axudar a orientar o contido á túa localización.
  • Cookies de rexistro: Xéranse unha vez que te rexistras e abres posteriormente sesión. Úsanse coa fin de manterte identificado nos servizos, de forma que se pechas un servizo, o navegador ou o ordenador e, en outro momento ou outro día volves entrar, seguirás identificado, facilitando así a túa navegación sen obrigarte a loguearte de novo. Esta funcionalidade pódese suprimir se pechas a sesión, que elimina a cookie. Outro dos seus usos consiste en comprobar se estás autorizado para acceder a certos servizos (por exemplo, para participar nun concurso).
  • Cookies analíticas: Cada vez que visitas un servizo, unha ferramenta dun provedor externo xera unha cookie analítica no teu ordenador. Esta cookie que só se crea na visita, servirá en próximas visitas aos servizos da web para identificarte de forma anónima. Os obxectivos principais que se perseguen son:

Permitir a identificación anónima dos usuarios a través da cookie (identifica navegadores e dispositivos, non persoas) e, por tanto, a contabilización aproximada do número de visitantes e a súa tendencia no tempo.

Identificar de forma anónima os contidos máis visitados e, polo tanto, máis atractivos para os usuarios.

Saber se o usuario que está accedendo é novo ou repite visita.

Importante: Salvo que o usuario decida rexistrarse nun servizo da web, a cookie nunca irá asociada a datos de carácter persoal que poidan identificalo. Estas cookies só serán utilizadas con propósitos estatísticos que axuden á optimización da experiencia dos usuarios no sitio.

  • Cookies de publicidade comportamental: Permiten ampliar a información dos anuncios amosados a cada usuario nos servizos da web. Entre outros datos, almacénase a duración ou frecuencia de visualización de posicións publicitarias, a interacción coas mesmas e os patróns de navegación e/ou comportamentos do usuario, xa que axudan a conformar un perfil de interese publicitario. Deste modo, posibilitan ofrecer publicidade afín aos intereses do usuario.
  • Cookies publicitarias de terceiros: Ademais da publicidade xestionada nos seus servizos, o sitio web ofrece aos seus anunciantes a opción de servir anuncios a través de terceiros (AdServers). Estes poden almacenar cookies enviadas desde os servizo da web procedentes dos navegadores dos usuarios, así como acceder aos datos que nelas se gardan.

3. Cookies afectadas pola normativa e cookies exceptuadas

Segundo a directiva da UE, as cookies que requiren consentimento informado por parte do usuario son as cookies de analítica, publicidade e afiliación, quedando exceptuadas as de carácter técnico e as necesarias para o funcionamento do sitio web ou a prestación de servizos expresamente solicitados polo usuario.

4. Cookies utilizadas neste sitio web

O sitio web www.vizuals.net, propiedade de Vizuals, utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa experiencia de navegación e mellorar os nosos servizos, recollendo información acerca do uso da web. Conforme a lei vixente e presente nesta política de cookies, a relación e descrición das cookies utilizadas consta no aviso informativo e a continuación.

  • Cookies propias. Úsanse para saber se aceptaches as nosas políticas e para facilitar a publicación de comentarios (de existiren e tras ter publicado o primeiro. Trátase de: comment_author_{HASH}, comment_author_email_{HASH}, comment_author_url_{HASH} e gdpr.
  • Cookies de terceiros. Utilízanse co servizo de Google Analytics, tamén garante da túa privacidade, que analiza os teus usos de navegación e nos permite mellorar a información ofrecida no noso sitio web. Trátase de: _ga, _gat, _gid.
  • Redes sociais. Por último, informámosche de que as redes sociais tamén recollen información acerca dos contidos que compartes nas mesmas a través das súas propias cookies. Vizuals non ten absolutamente ningún control acerca da actividade destas redes sociais. Sen embargo, recordámosche que todas elas dispoñen das súas propias políticas de privacidade e de cookies. A modo de exemplo e para que te informes, deixamos os enlaces de catro redes e servizos sociais nos que facilitamos (ou facilitaremos) compartir os nosos contidos a través de botóns:

Facebook

Política de privacidade

Política de cookies

Condicións de servizo

Twitter

Política de privacidade

Política de cookies

Condicións de servizo

Instagram

Política de privacidade

Política de cookies

Condicións de servizo

WhatsApp

Política de privacidade

Política de cookies

Condicións de servizo

5. Como desactivar ou eliminar as cookies?

Podes permitir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas nos teus dispositivos mediante a configuración das opción do navegador instalado.

En caso de que non aceptes as cookies, é posible que a web non funcione correctamente.

6. Actualización da política de cookies

Este sitio web pode modificar a súa política de cookies en función de esixencias lexislativas, regulamentarias ou coa finalidade de adaptar o seu contido ás instrucións ditadas pola Axencia Española de Protección de Datos. Así mesmo, é posible que a estrutura e funcionalidades da web se modifiquen para agregar novos apartados, servizos ou contidos, o que pode supoñer cambios no seu uso e, por conseguinte, na política. Por estas razóns, resulta recomendable que visites periodicamente a presente páxina.